Sunday 05 de May de 2024

XII edición da velada de Boxeo Cidade de Ribeira


O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, presentou hoxe xunto ao equipo da Escola de Boxeo El Canario, a 12º edición da velada de boxeo Cidade de Ribeira que terá lugar o vindeiro xoves 28 de marzo no Polideportivo Torres Colomer a partir das 19:00 horas.

As entradas pódense obter na sede da Escola de Boxeo O Canario ao prezo de 10 euros. Haberá 8 combates nos que participarán boxeadores de varias partes de Galiza, e serán 3 asaltos de 3 minutos cada un. Segundo explicou Clara Millares, será o seu sexto e último combate en Ribeira. Debutarán tamén nesta edición Pablo Miniño e Nico Benítez.

O concelleiro Xabier Vidal agradeceu o “emprendemento da escola para organización deste tipo de eventos” e reiterou o compromiso da Concellería para seguir apoiando a participación deportiva e o talento local.